A actividade realizada no tema 6 da materia consistiu no análise dunha Programación Didáctica dun centro real empregando a rúbrica de avaliación das programacións nas oposicións de Educación Secundaria. No grupo 2 traballamos estes aspectos durante 1 sesión e media e realmente permitiunos ver dun xeito práctico aquilo que deberemos enfrontar cando chegue o momento de crear as nosas propias programacións e unidades didácticas e sometelas á valoración do tribunal.
En primeiro lugar, realizamos un traballo autónomo en parellas (no noso caso éramos 3) previamente á sesión co docente. Eliximos a programación didáctica da Primeira Lingua Estranxeira (Inglés) de 4º de ESO do centro IES Santa Irene, centro amplamente coñecido na cidade olívica.
En xeral, consideramos que a programación seguía os estándares establecidos na rúbrica, máis había moitos elementos a mellorar e finalmente a nota non acabou sendo moi alta. A continuación, podedes consultar a análise detallada que fixemos nesta presentación:
Unha vez realizado este traballo previo, xa na aula compartimos co resto de compañeiros/-as a nosa análise, explicando a nota dada en cada apartado da programación, xustificando e argumentando dita nota en base aos criterios da rúbrica.
Considero que o feito de que nós como alumnado e futuros candidatos e candidatas ás oposicións asumíramos o rol avaliador do tribunal permitiunos pasar por un momento da teoría á práctica e puidemos comprobar nós mesmas o nivel de esixencia dos tribunais.
Ademais, o feito de traballar con programacións reais pareceume de grande interese posto que puidemos ver a realidade educativa que se vive na actualidade nos centros, comprobando así que entre as ideas e os feitos pérdense algúns elementos de camiño e que se ben existen rúbricas para as oposicións, unha vez pasado este proceso, na práctica docente non sempre se implementan acorde a estes criterios previamente establecidos.
En definitiva, resultou unha tarefa moi interesante tanto dende a nosa perpectiva estudantil coma para a nosa futura carreira docente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario