Se falamos de ferramentas de estandarización, sabemos que o MCER (Marco Común Europeo de Referencia), se ben non pretende selo, tal como establece nas sáus bases, cando menos na actualidade funciona coma ferrramenta de referencia, chegando a converterse na actualidade na principal base para o ensino dunha lingua estranxeira.
Non se pode cuestionar o feito de que o MCER naceu co obxectivo de facilitar a cooperación entre os países membros da Unión Europea e que a existencia dun marco de referencia obxectivo entre países promove unha mellora na planificación da programación, a movilidade e a comunicación internacional. Non obstante, nesta publicación gustaríame afondar un pouco máis neste tipo de ferramentas de estandarización e dar á miña perspectiva como profesora de linguas en academias de idiomas, onde o MCER converteuse nunha especie de libro sagrado que non se pode obviar en ningún caso, sen importar as necesidades específicas do alumnado ou o criterio persoal do docente.
Levo traballando en academias (principalmente de inglés) máis de seis anos e por norma xeral, o MCER é a base do ensino neste tipo de centros privados. No meu caso, traballei preparando alumnado de tódalas idades segundo os dous exames máis coñecidos na actualidade en España, os famosos Cambridge e Trinity, programas creados polas dúas famosas correspondentes universidades. As academias traballan deste xeito con libros específicos que recollen todo tipo de estratexias, modelos de exame e materiais audiovisuais para preparar adecuadamente ós/ás canditatos/-as co fin de obter a preciadísima certificación de nivel do idioma, nivel que vén establecido evidentemente segundo o Marco Común Europeo de Referencia.
Programacións específicas, libros, Cds, master classes, teacher training... É innegable que a existencia deste tipo de exames e certificacións supón un moi bo negocio para as institucións privadas. De feito, soamente para poder acceder a un destes exames o alumnado debe pagar taxas de entre 60 e 200 euros, dependendo do nivel ao que desexa presentarse. Todo isto sen contar os gastos en materiais e academias para a preparación de dito exame.

É verdadeiramente necesario pasar por este proceso? Desafortunadamente para moitas persoas, parece ser que si. España é un dos países de Europa onde máis se padece o mal da "titulitis", isto é, se non tes un cerfificado oficial que demostre que sabes facer algo, á ollos externos simplemente significa que non sabes facelo. Na actualidade, se desexas acceder a calquera posto de traballo, precisas presentar o teu certificado de nivel B2 ou ás veces, máis concretamente a certificación específica de Cambridge, TOEFL, IELTS, Trinity...
A pesar de que non considero que un exame poida demostrar todo o coñecemento e capacidades do alumnado, podo comprender a necesidade desta acreditación e a súa utilidade nun contexto máis adulto, sen embargo, o que realmente me preocupa e que cada vez con máis frecuencia a aprendizaxe dunha lingua estranxeira está supeditada case exclusivamente á adquisición dun título, incluso en idades moi tempranas. De feito, nunha das academias nas que estiven traballando, adicábanse única e exclusivamente á preparación do alumnado para o exame Trinity, dende os 4 ou 5 anos de idade ata adultos. En ocasións, era moi frustante como profesora ter que seguir as preguntas tipo de Trinity con nenos e nenas de menos de 6 anos, que normalmente o único que esperaban da clase extraescolar de inglés era aprender divertíndose. Os cativos e cativas convertíanse en "loritos de repetición", memorizando estruturas concretas que debían reproducir á perfección nun exame final dun enviado de Trinity cun forte acento British bastante complexo. Paréceme un tanto excesivo comezar a preparar para este tipo de exames a rapaces e rapazas tan novos/-as posto que con este tipo de métodos corremos o risco de caer no modelo de ensino tradicional, mesmo se empregamos en gran medida a linguaxe oral (algo que na escola tradicional ata o de agora non se facía), o alumnado non aprende de forma autónoma e a creatividade prácticamente non ten lugar na aula. Considero que isto pode dar lugar á perda do interese por parte do alumnado máis novo, sentindo a lingua como un proceso meramente memorístico e por que non dicilo, un tanto artificial. Na miña opinión, unha lingua estranxeira debe verse e ensinarse como un vehículo que nos permita comunicarnos entre culturas e resolver situacións reais de forma esencialmente práctica. De feito, eu coma docente valoro moito máis a capacidade de improvisación e de resolución de problemas do alumnado en certas situacións de comunicación que que saiba responder cunha estrutura correcta do present perfect a unha pregunta estereotipada elaborada por Trinity; que non digo que estea mal, pero as situacións da vida real ás que se terá que enfrentar o alumnado non veñen cunha rúbrica de Cambridge ou Trinity embaixo do brazo.
En definitiva, comprendo a necesidade dun Marco de Referencia para o nivel de linguas e este pode resultar moi útil en moitos contextos, incluido na elaboración da programación feita polos docentes así como o establecemento de certos obxectivos e criterios de avaliación. Non obstante, paréceme imprescindíbel non esquecer que a aprendizaxe dunha lingua non debe limitarse a adquisición dunha certificación, especialmente en idades máis tempranas. Tamén é necesario ser conscientes das estratexias de marketing e a gran influencia exercida polas institucións privadas co obxectivo de vender as linguas como un produto. Só deste xeito poderemos co tempo, librarnos desa "titulitis" da que falabamos e comezar a valorar a aprendizaxe polo que realmente é: o proceso de adquisición duns coñecementos, habilidades, actitudes e valores e non a simple memorización de conceptos.
Levo traballando en academias (principalmente de inglés) máis de seis anos e por norma xeral, o MCER é a base do ensino neste tipo de centros privados. No meu caso, traballei preparando alumnado de tódalas idades segundo os dous exames máis coñecidos na actualidade en España, os famosos Cambridge e Trinity, programas creados polas dúas famosas correspondentes universidades. As academias traballan deste xeito con libros específicos que recollen todo tipo de estratexias, modelos de exame e materiais audiovisuais para preparar adecuadamente ós/ás canditatos/-as co fin de obter a preciadísima certificación de nivel do idioma, nivel que vén establecido evidentemente segundo o Marco Común Europeo de Referencia.Programacións específicas, libros, Cds, master classes, teacher training... É innegable que a existencia deste tipo de exames e certificacións supón un moi bo negocio para as institucións privadas. De feito, soamente para poder acceder a un destes exames o alumnado debe pagar taxas de entre 60 e 200 euros, dependendo do nivel ao que desexa presentarse. Todo isto sen contar os gastos en materiais e academias para a preparación de dito exame.
É verdadeiramente necesario pasar por este proceso? Desafortunadamente para moitas persoas, parece ser que si. España é un dos países de Europa onde máis se padece o mal da "titulitis", isto é, se non tes un cerfificado oficial que demostre que sabes facer algo, á ollos externos simplemente significa que non sabes facelo. Na actualidade, se desexas acceder a calquera posto de traballo, precisas presentar o teu certificado de nivel B2 ou ás veces, máis concretamente a certificación específica de Cambridge, TOEFL, IELTS, Trinity...
A pesar de que non considero que un exame poida demostrar todo o coñecemento e capacidades do alumnado, podo comprender a necesidade desta acreditación e a súa utilidade nun contexto máis adulto, sen embargo, o que realmente me preocupa e que cada vez con máis frecuencia a aprendizaxe dunha lingua estranxeira está supeditada case exclusivamente á adquisición dun título, incluso en idades moi tempranas. De feito, nunha das academias nas que estiven traballando, adicábanse única e exclusivamente á preparación do alumnado para o exame Trinity, dende os 4 ou 5 anos de idade ata adultos. En ocasións, era moi frustante como profesora ter que seguir as preguntas tipo de Trinity con nenos e nenas de menos de 6 anos, que normalmente o único que esperaban da clase extraescolar de inglés era aprender divertíndose. Os cativos e cativas convertíanse en "loritos de repetición", memorizando estruturas concretas que debían reproducir á perfección nun exame final dun enviado de Trinity cun forte acento British bastante complexo. Paréceme un tanto excesivo comezar a preparar para este tipo de exames a rapaces e rapazas tan novos/-as posto que con este tipo de métodos corremos o risco de caer no modelo de ensino tradicional, mesmo se empregamos en gran medida a linguaxe oral (algo que na escola tradicional ata o de agora non se facía), o alumnado non aprende de forma autónoma e a creatividade prácticamente non ten lugar na aula. Considero que isto pode dar lugar á perda do interese por parte do alumnado máis novo, sentindo a lingua como un proceso meramente memorístico e por que non dicilo, un tanto artificial. Na miña opinión, unha lingua estranxeira debe verse e ensinarse como un vehículo que nos permita comunicarnos entre culturas e resolver situacións reais de forma esencialmente práctica. De feito, eu coma docente valoro moito máis a capacidade de improvisación e de resolución de problemas do alumnado en certas situacións de comunicación que que saiba responder cunha estrutura correcta do present perfect a unha pregunta estereotipada elaborada por Trinity; que non digo que estea mal, pero as situacións da vida real ás que se terá que enfrentar o alumnado non veñen cunha rúbrica de Cambridge ou Trinity embaixo do brazo.
En definitiva, comprendo a necesidade dun Marco de Referencia para o nivel de linguas e este pode resultar moi útil en moitos contextos, incluido na elaboración da programación feita polos docentes así como o establecemento de certos obxectivos e criterios de avaliación. Non obstante, paréceme imprescindíbel non esquecer que a aprendizaxe dunha lingua non debe limitarse a adquisición dunha certificación, especialmente en idades máis tempranas. Tamén é necesario ser conscientes das estratexias de marketing e a gran influencia exercida polas institucións privadas co obxectivo de vender as linguas como un produto. Só deste xeito poderemos co tempo, librarnos desa "titulitis" da que falabamos e comezar a valorar a aprendizaxe polo que realmente é: o proceso de adquisición duns coñecementos, habilidades, actitudes e valores e non a simple memorización de conceptos.
Ligazón de referencia - MCER: https://cvc.cervantes.es/ensenanza/biblioteca_ele/marco/cvc_mer.pdf
No hay comentarios:
Publicar un comentario