A evolución no ensino de linguas estranxeiras no noso país non pode
entenderse sen antes ter en conta a gran cantidade de modificacións
que se deron nas leis educativas, principalmente motivadas polo
cambio de partido que estea no goberno nese momento. Así, dende os
anos setenta ata a actualidade, o sistema educativo estivo a sufrir
importantes cambios lexislativos, coa implantación e revogación de
distintas leis, dende a LGE, pasando pola LOECE, a LOGSE, a LOCE, a
LOE e finalmente a LOMCE. Isto xenerou e xenera unha grande
inestabilidade educativa, posto que os gobernantes non deixan pasar o
tempo necesario para a posta en marcha real desas novas medidas e non
permite comprobar se efectivamente un sistema resulta máis ou menos
eficiente.
No que abrangue máis concretamente ao ensino de linguas
estranxeiras, dende a LOGSE promoveuse a implantación da lingua
estranxeira (fundamentalmente o inglés) a idades tempranas,
chegando incluso nos últimos anos a incorporarse en etapas de
Educación Infantil. Non obstante, seguimos a apreciar un gran
déficit cualitativo na aprendizaxe dos idiomas estranxeiros en
España. Tendo en conta toda esta contextualización previa, nesta
entrada reflexionaremos en torno ao seguinte dilema: por que
segue a ser deficitario o ensino de linguas estranxeiras na
actualidade?
Tratarei de enfocar a miña reflexión dende dúas perspectivas
diferentes que me tocan moi de preto. Por unha banda, a miña
perspectiva como alumna apaixonada polas linguas e por outra, a miña
opinión dende a miña experiencia como docente nos últimos anos.
Como alumna, durante o meu período escolar, padecín na miña pel os
numerosos cambios nais leis de educación, e non obstante, non
apreciei ningún cambio significativo na miña aprendizaxe. Máis ben
todo o contrario. O modelo de ensino tradicional acompañoume durante
toda a miña vida e o caso das linguas estranxeiras non foi unha
excepción. Tal vez o único momento no que se empregou un método
máis innovador foi nos primeiros cursos de primaria, onde unha
profesora moi nova trataba de facer con nós xogos e actividades máis
interactivas en inglés. A excepción deste caso, as miñas leccións
de inglés, na meirande parte dos casos eran impartidas por docentes
que as veces nin sequera sabían falar inglés con fluidez e onde os
contidos impartíanse sempre en castelán. A gramática era o foco;
exercicios e máis exercicios do famoso workbook,
listenings sacados dun ancián reprodutor de CDs e a conversación na
aula ou as actividades orais eran prácticamente inexistentes. Lembro
que sempre me gustaran as linguas e que sen embargo, prácticamente
ata chegar á universidade apenas tivera a ocasión de falar en
inglés na aula. Así, podía recitar de memoria todos os aspectos
gramaticais da lingua inglesa mais era totalmente incapaz de falar
con fluidez en inglés, posto que ninguén mo pedira anteriormente.
Debido a isto, aqueles que queríamos mellorar as nosas competencias
orais en inglés tiñamos que acudir a academias de idiomas en
horario extraescolar e non porque necesitásemos mellorar as nosas
notas, senón porque queríamos aprender algo que parecía imposible
que se nos fose a ensinar no instituto. É innegable que algo estaba
a fallar no modelo educativo de entón cando o alumnado que realmente
sentiamos interese polas linguas viámonos obrigados a buscar fóra
da escola os recursos necesarios para ser competentes nelas. En
relación a todo isto, considero que o vídeo do rapeiro
estadounidense Prince Ea que mostramos á continuación reflexa á
perfección a problemática dos modelos educativos vixentes, non só
a nivel nacional, senón en todo o mundo.
Unha vez rematada á miña carreira
de Tradución e Interpretación, na cal por certo tiven grandes
dificultades nos primeiros anos debido a un nivel de idiomas
insuficiente, a cousa non mellorou. Comecei a traballar xustamente en
academias de idiomas onde rapaces e rapazas de tódalas idades
acudían a nós para poder traballar o inglés dun xeito máis
interactivo e ameno. Isto fixo que me decatase de que o modelo
empregado realmente non cambiara nos cinco anos que estiven estudando
a carreira e que as novas xeracións estaban e aínda están a vivir
unha situación moi similar á que vivín eu daquela.
En definitiva, paréceme
imprescindible a posta en práctica de novas técnicas de ensinanza
en tódalas materias e moi especialmente no ensino de linguas
estranxeiras, posto que se ben na teoría existe un Currículo
educativo que respalda un modelo de educación máis centrado nas
necesidades específicas e reais do alumnado, así como na
interdisciplinariedade; na práctica parece que aínda queda un longo
camiño que percorrer para a implantación real destas técnicas
innovadoras. Non é doado, mais coido que co traballo conxunto do
goberno, os centros e un equipo docente motivado, poderá conseguirse
una auténtica mellora do sistema educativo tal como o coñecemos.
Ligazón de referencia - Leis de Educación: http://todofp.es/profesores/biblioteca-todofp/normativa-de-educacion/leyes-organicas-de-educacion.html
Ligazón de referencia - Leis de Educación: http://todofp.es/profesores/biblioteca-todofp/normativa-de-educacion/leyes-organicas-de-educacion.html

Hola Tania!
ResponderEliminarAntes de nada, felicidades por esta entrada, me ha gustado especialmente y estoy completamente de acuerdo contigo.
En concreto, el vídeo que has seleccionado me parece que toca todos los puntos que es necesario tocar, el sistema educativo está tremendamente anclado en prácticas demasiado obsoletas. Creo que prácticamente toda nuestra generación ha vivido las mismas experiencias que relatas. La forma en que somos educados no potencia nuestras fortalezas individuales, nuestras capacidades, nuestra creatividad, sino que sigue sin adaptarse, sigue igual que hace más de un siglo, convirtiéndonos en fotocopias que deben encajar en un perfil. Ese perfil, como ya sabemos, en especial desde la implantación de la LOMCE, es el del trabajador que se esfuerza, estudia, trabaja, a menudo en unas condiciones inaceptables y por un salario ridículo y que no se plantea si esto debería ser así. Es un perfil que responde a unos intereses económicos, que nos reduce a máquinas de trabajo, a beneficios.
Como dices, es complicado, pero es posible dar un paso hacia el futuro e iniciar de una vez por todas ese cambio real. Ahora que llegamos las nuevas generaciones de docentes, tendremos que pelear contra todo ese sistema ya podrido y hacer presión en conjunto para renovar. Estoy segura de que nos encontraremos uno y mil obstáculos, pues no somos las primeras que quieren cambiar las cosas, ¡pero confío en la fuerza de la marea! (guiño, guiño).
Un saludo!
Xiana